Práctica de actividade física |
A3 A14 A24 A33 B11 |
Os alumnos poderán chegar a obter un máximo de 2 puntos na súa cualificación cuantitativa a condición de que PARTICIPEN ACTIVAMENTE, como mínimo, no 70% das sesións que se impartan. |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
C4 C6 C7 |
Os alumnos, de forma individual ou como máximo en grupos de tres, realizarán unha tarefa segundo as indicacións dadas pola profesora nas sesións teóricas, co fin de complementar cada un dos temas impartidos en clase.
O prazo de presentación deste traballo é dunha semana desde a súa data de proposta. |
10 |
- Para superar a materia será INDISPENSABLE ter superados cada un dos catro apartados de maneira independente.
- Os alumnos que, por motivos xustificados (competición de elite, accidente, lesión, enfermidade, matrícula parcial ou requirimento xudicial), non alcancen o 70% de participación nas prácticas poderán complementalo cun traballo teórico que levarán a cabo baixo a supervisión da profesora, nun prazo non superior a unha semana despois de terminar as prácticas da materia.
- Estes mesmos criterios manteranse para a oportunidade inmediatamente posterior. Aqueles que teñan que volver matricularse, e teñan superado algún dos bloques, respectaráselles a nota que sacasen no devandito bloque.
|