Portafolios do alumno |
A1 A7 A12 A18 A19 A20 A29 A37 A38 A41 A42 A48 B1 B4 B5 B6 B13 B19 B23 B31 C3 |
Calidade do traballo, rigor, creatividade, expresividade gráfica, sensibilidade no diseño |
50 |
A partires do curso 2014/2015 non existirá docencia nesta materia. Os seguintes criterios de avaliación, son os que corresponderon ao curso 2013/2014, que se incluen a modo de información: O modo máis doado e desexable de superar a materia é por curso. Para elo e necesario asistir as clases e obradoiros e acadar a calidade mínima nos traballos segundo os criterios de avaliación enumerados anteriormente.
As prácticas semanais serán recollidas e avaliadas durante o curso, logo serán devoltas ao alumno para incluíla no portafolio final. Se o desexa, o alumno poderá modificar o exercicio co fin de mellorar a nota,. As prácticas ás que o alumno non asistira non serán avaliadas, aínda que sexan incluídas no portafolio. Para aprobar por curso, non se poderá faltar a máis do 10% das prácticas.
O traballo tutelado, que poderá estar integrado en exercicios doutras materias, será corrixido nas sesións de presentación oral e obradoiros de proxecto. O resultado final incluirase no portafolio do alumno a partir do cal será avaliado, sen prexuízo de que existan outras entregas parciais para un mellor seguimento.
Os alumnos que seguiran o curso e non acadaran o nivel mínimo esixido no seu portafolio final, poderán volver a entregalos o día do exame de xuño coas correccións e melloras pertinentes. Neste caso non será necesario que realicen o exame e serán avaliados novamente polo portafolio.
Os alumnos que non sigan o curso poderán presentarse aos exames finais sempre e cando entreguen un portafolio no que se inclúa o 100% das prácticas do curso. Neste caso non se avaliará o traballo tutelado. O exame final abarcará os temas introducidos no curso, pero en maior profundidade, considerando a bibliografía referida como de fonte de información necesaria para superar a proba. Os alumnos que non sigan o curso tan so poderán optar a un aprobado.
É moi recomendable, polo tanto, seguir o curso.
|