Teaching GuideTerm Higher Technical University College of Architecture |
Grao en Arquitectura |
Subjects |
Xeometrías complexas en Arquitectura |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | Xeometrías complexas en Arquitectura | Code | 630G01052 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fifth | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Introductory activities | Presentación da programación temporal |
Guest lecture / keynote speech | Sesión Maxistral: Apoiándose na análise gráfica clasifícanse e representanse na pizarra a xeración xeométrica das diferentes superficies. Nunha segunda parte, con medios audiovisuais, expóñense exemplos construídos emblemáticos e representativos dos tipos de superficies abordadas na sesión. Analízanse estrutural, xeométrica e formalmente. |
Laboratory practice | As prácticas de laboratorio realizanse de xeito individual no Laboratorio de Informática daETSA. Nas primeiras sesións explícase o manexo básico dos programas informáticos de deseño asistido por ordenador que se pretenden utilizar, sobre todo no respectivo a ordes 3D e renderizados. Posteriormente e ao longo de todo o curso, en cada sesión abordaranse as particularidades da representación de cada un das superficies cuxos contidos teóricos e conceptuais se van desenvolvendo nas clases maxistrais. Os alumnos que non consigan entregar na sesión de laboratorio, completarán practícaa con traballo autónomo e entregarana na sesión da boratorio da semana seguinte. |
Supervised projects | Traballos tutelados: Realizaranse un traballo tutelado que implica un maior traballo autónomo non presencial nas que se realizará a representación e análise xeométrica de arquitecturas emblemáticas da historia da arquitectura, construídas ou tan só debuxadas. O traballo realizarase en grupos de 3 membros como máximo e será o grupo o que a principio de curso elixa a arquitectura emblemática, consensuado cos profesores. Ao longo do curso realizaranse turtorias de control do desenvolvemento do traballo. Lle entrega realizarase ao final do cuadrimestre. |
Oral presentation | Presentación oral: Os alumnos en grupo de tres deberán expoñer o Traballo Tutelado inicial de análise e comprensión de arquitecturas emblemáticas. Preténdese que todos os alumnos do curso sexan participes dos contidos dos exercicios dos outras compañeiros. Valórase a capacidade de síntese e precisión da exposición, a calidade do material de apoio achegado e o grao de afondamento e coñecemento do tema tratado. Estes contidos incorpóranse ao corpo teórico da materia sendo susceptibles de incluírse nas probas obxectivas a realizar. |
Field trip | Saídas de campo: Ao longo do curso de pretende realizar polo menos unha saída para visitaralgún edificio que exemplifique os contidos teóricos desenvolvidos. Tamén se realizarán visitas a empresas que utilizan as últimas tecnoloxías do debuxo asistido por ordenador para o cálculo, o deseño e a representación da arquitectura. |
Objective test | Proba teórica: Realizaráse unha proba escrita dunha hora de duración, o final do curso, sobre os contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e nas exposicións dos distintos grupos sobre a primeira práctica tutelada. Preténdese obter unha nota individualizada do alumno que se compoñerá co resto das notas dos traballos realizados individualmente ou en grupo. |
|