Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Manter os sistemas de maquinaria naval, incluídos os sistemas de control, a nivel operacional. |
A6 |
Operar alternadores, xeradores e sistemas de control, a nivel operacional. |
A7 |
Operar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes, a nivel operacional. |
A8 |
Operar os sistemas de bombeo e de control correspondentes, a nivel operacional. |
A11 |
Realizar unha garda de máquina segura, a nivel operacional. |
A15 |
Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas, a nivel operacional. |
A39 |
Interpretar e representar correctamente o espazo tridimensional, coñecendo os obxectivos e emprego dos sistemas de representación gráfica. |
A44 |
Realizar operacións de optimización enerxética das instalacións de a bordo utilizando convenientemente os equipos de medida, a nivel operacional. |
A47 |
Optimizar as características mecánicas nas instalacións de abordo, utilizando convenientemente os equipos de medida, a nivel operacional, co fin de obter larga vida nas máquinas e suaves funcionamentos. |
A48 |
Regular e controlar sistemas e procesos, a nivel operativo. |
A49 |
Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas. |
A50 |
Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así coma representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente. |
A51 |
Redacción e interpretación de documentación técnica. |
A53 |
Operar, reparar, manter, reformar, optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría marítima, coma motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; propulsión eléctrica e propulsión con turbinas de gas. |
A55 |
Operar, reparar, substituír e optimizar a nivel operacional as instalacións auxiliares do buque, tales coma instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc. |
A56 |
Operar, reparar, manter e optimizar as instalacións auxiliares dos buques que transportan cargas especiais, tales coma quimiqueiros, LPG, LNG, petroleiros, cementeiros, etc. |
A57 |
Coñecer o balance enerxético xeral, que inclúe o balance termo-eléctrico do buque, o sistema de mantemento da carga, así coma a xestión eficiente da enerxía respectando o medio ambiente. |
A58 |
Diagnose e supervisión de tódolos equipos que compoñen a planta propulsora dun buque utilizando as ferramentas adecuadas. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B6 |
Traballar de forma colaborativa. |
B9 |
Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos en outras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos. |
B11 |
Capacidade de adaptación a novas situacións. |
B14 |
Capacidade de análise e síntese. |
B15 |
Capacidade para acadar e aplicar coñecementos. |
B16 |
Organizar, planificar e resolver problemas. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |