Na primeira oportunidade, o alumno ten dúas posibilidades de avaliación:
1. A avaliación continua. Mediante esta vía o alumno ten a posibilidade de superar a asignatura mediante o desenvolvemento e presentación dun SCADA, a participación na montaxe e configuración da rede, e a exposición dun traballo que profundice nos contidos abordados na materia. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba obxectiva final.
2. A avaliación mediante proba obxectiva final. Esta vía aplicarase cando o alumno non acade un minimo de 50 puntos ao longo do curso. Neste caso, o alumno se examinará do temario completo e o 100% da nota virá de esta proba.
Na segunda oportunidade, a única posibilidade de avaliación será a proba obxectiva final.
Os estudantes con dedicación a tempo parcial deberán respectar as datas que se fixen para a entrega das distintas tarefas, pero poderán realizar a súa presentación e defensa noutras datas e horas (de xeito presencial ou mediante videoconferencia). Asimesmo poderán realizar unha proba de resposta múltiple como alternativa ás prácticas de laboratorio.