Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Grao en Náutica e Transporte Marítimo |
Asignaturas |
Física |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Física | Código | 631G01103 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A8 A9 B3 B4 B6 B9 C10 | Realizarase a avaliación continua atendendo tanto á actitude e a participación do alumno como ao grao de cumprimento reflectido na memoria do traballo realizado. A asistencia a prácticas e a presentación da memoria terán carácter obrigatorio. |
10 |
Proba obxectiva | B13 B14 B15 | Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades, destrezas, estratexias e formulacións utilizadas polo alumno na resolución de problemas. Valorarase expresamente o grao de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teórico-práctica equilibrada. |
70 |
Solución de problemas | A8 B2 B6 B9 B14 B15 B16 | Avaliarase a evolución na resolución dos problemas que se expoñan ao alumnado de forma individual ou grupal, ben nas clases interactivas ou ben na plataforma moodle da asignatura. | 20 |
Observacións avaliación | |||
O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: AVALIACIÓN CONTINUA: O traballo do alumno ao longo do curso será avaliado de forma continua a través das seguintes probas: 1) Resolución dos problemas expostos nos seminarios: ata unha puntuación máxima de 2 puntos. 2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima de 1 punto. 3) Probas obxectivas parciais: A materia dividirase en dous bloques e realizarase unha proba por bloque: 3.1) Bloque I (Temas 1-7 e 9): Puntuación máxima 4 puntos e mínima 1.5 puntos. 3.2) Bloque II (Tema 8 e 9-17): puntuación máxima 3 puntos e mínima 1 punto. A data de realización destas probas obxectivas acordarase co alumnado e será anunciada na plataforma moodle da asignatura con antelación suficiente. A calificación final do alumno que aparecerá nas actas da materia será o suma das calificación obtidas nos apartados anteriores: 1)+2)+3.1)+3.2). As puntuacións nos apartados 3.1 e 3.2 deben acadar o valor mínimo indicado para computar na calificación final: Se non se acada o mínimo en ningún dos apartados 3.1) e 3.2) a calificación que aparecerá nas actas será a suma dos apartados 1) e 2) Se non se acada o mínimo no apartado 3.1) a calificación que aparecerá nas actas será a suma dos apartados 1)+2)+3.2) Se non se acada o mínimo no apartado 3.2) a calificación que aparecerá nas actas será a suma dos apartados 1)+2)+3.1) Todas estas probas serán realizadas en período de actividade académica. Os alumnos que non acadaran a puntuación mínima nos apartados 3.1) e/ou 3.2) terán unha segunda oportunidade nas convocatorias oficiais de ser evaluados do bloque ou bloques nos que non acadaron o mínimo. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderán seguir a evaluación contínua do seguinte xeito: 1) Se colgarán na plataforma moodle problemas porpostos ao alumnado para a súa resolución e entrega o profesor. 2) As prácticas de laboratorio teñen carácter obrigatorio. O alumno deberá poñerse en contacto co profesor para buscar o xeito de cumplir este requisito. 3) As probas obxectivas poderán facerse na convocatoria de exame oficial (primeira e segunda oportunidade) Na segunda oportunidade se manterán as calificacións correspondentes ós apartados 1) e 2). Serán calificados de novo os apartados 3.1) e 3.2) AVALIACIÓN ÚNICA CON EXAME FINAL: Calquera alumno terá dereito a seguir a avaliación final, aínda que inicialmente optase por realizar a avaliación continua. Os alumnos poderán renunciar á avaliación continua, co fin de ser avaliados polo método de avaliación única con exame final, en calquera momento do curso, a condición de que o comuniquen ao profesor por escrito e nunha data anterior á data de convocatoria da convocatoria oficial. A cualificación final do alumno será resultado da suma das seguintes cualificacións: 1) Proba obxectiva: puntuación máxima sobre 9 puntos. Esta avaliación realizarase coincidindo coas oportunidades oficiais. 2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima sobre 1 punto. IMPORTANTE: É REQUISITO INDISPENSABLE a realización das prácticas e a entrega da memoria correspondente para a superación da materia, independentemente do método de avaliación aplicado. Aqueles alumnos que non realicen e/ou non entreguen a memoria figurarán coa materia como NON SUPERADA. Para a obtención da cualificación de non presentado aplicásese o articulo 21 2.b das "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)” Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as súas emendas relacionadas con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a súa avaliación. |
|