Prácticas de laboratorio |
A47 A14 B2 B5 B9 C6 |
Realización de actividades de carácter práctico cunha placa de demostración. Valorarase tanto o bo funcionamento do circuito final coma o seu razoamento ante posibles preguntas realizadas polo profesor durante as sesións de prácticas. |
2 |
Proba de resposta breve |
A47 C6 |
Consistirá nunha proba escrita de resposta breve sobre os contidos explicados nas sesións prácticas, e na que se valorará non só a comprensión destes, senón a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade para o manexo da instrumentación de laboratorio. |
14 |

A avaliación dos contidos impartidos nas clases maxistrais e
de resolución de problemas da materia representa un 80% da nota global. A
avaliación das prácticas de laboratorio e a través de TIC é o 20%
restante.

Para aprobar a materia esixirase:

1) Proba
mixta: Proba escrita sobre os contidos impartidos nas clases maxistrais e
de resolución de problemas: ter un mínimo de 3,8 puntos sobre 8.

O alumno debe demostrar nesta proba un coñecemento básico de todo o contenio da materia.

Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría.

Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e
os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións
maxistrais e de resolución de problemas.

Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia.

2) Ter un mínimo de 1 punto na suma das notas obtidas nas prácticas de laboratorio e TIC e no exame de prácticas.

Se na proba mixta non se obtivo o 3,8 mínimo, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous.

Os criterios de avaliación considerados nos cadros A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as súas emendas relacionados con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.