A avaliación do alumno comenzará dende o primeiro día do curso en cada un dos apartados sinalados, con independencia da data de matrícula do alumno. NON se exise asistencia obrigatoria á clase. Porén, recoméndase a asistencia a clase dende o primeiro día aínda que o estudante esté pendente de completar o proceso de matrícula.
Para superala asignatura, o alumno debe obter como mínimo 50 puntos dos 100 totais. No caso de que o alumno realice como máximo unha proba de lecturas obrigatorias avaliables durante o curso e non se presente ó exame oficial da materia, a calificación final recibida polo alumno será de "non presentado".
Respecto da oportunidade adiantada extraordinaria e a de xullo, valoraránse da mesma maneira que a de xaneiro (70% da nota final). Por tanto, o estudante pode superala materia en xullo ou na oportunidade adiantada obtendo 5 puntos dos 7 potenciais.
Por tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan recoñecemento de dedicación a tempo parcial, poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100 totais entre todalas probas do curso. Aqueles estudantes que no poidan acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica), poderán realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo regramento académico.
Calificación de non presentado, corresponde ao alumno, cando
so participe de actividades de avaluación que tiñan una ponderación
inferior a o 20% sobre a calificación final, con independencia da
calificación alcanzada.
Está prohibido acceder á aula do exame/probas con cualquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información. Asimesmo, é necesario que cada alumno que desexe realizar as probas identifique correctamente co D.N. I. ou carnet de estudiante, con foto actualizada, na aula onde se vaia realizar a proba.
Os alumnos/as deben consultar obrigatoria e frecuentemente a plataforma virtual da materia (moodle), onde os profesores colocarán a información mais relevante da mesma. Ademáis, os estudantes deben subir unha foto actualizada ao seu perfil de moodle.