Proba mixta |
A3 A8 C1 C6 |
O exame teórico contará ata un 50% da nota final, e ata un 30% o exame práctico.
Exame teórico:preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico, á capacidade de síntese ou á capacidade de interrelación e expresión escrita, de maior o menor extensión.
En caso de nota dubidosa no exame teórico, poderase acudir aos controis de avaliación continuada do módulo correspondiente.
O exame práctico constará por norma xeral de 2 casos que se plantearán ao alumnado para a sea resolución teórico práctica. O estudiante será avalado por un/unha profesor/a que non ten por qué coincidir co que lle impartiu a práctica.
Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada un dos exames das partes (teórica e práctica). Só se engadirá a nota da aprendizaje colaborativa se se aprobaran ambos examen (teórico e práctico) de cada un dos módulos.
Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima. |
80 |
A asistencia á clase práctica é moi recomendable e a non asistencia debe estar ben xustificada. Se gardará cada nota de cuatrimestre aprobado ata a convocatoria de julio, incluida. Se non se aprobaran os dous módulos na convocatoria de xuño, gardarase o módulo aprobado para o curso seguinte se se obtivo polo menos o 70% da nota. Se algún/a alumno/a preséntase ao exame dun dos dous módulos e non ao outro, constaralle como non presentado na nota final. No momento que se presentou a algún exame de ambos os módulos ou se lle deu por superado un deles e presentouse ao outro, xa non poderá constar como non presentado, sendo necesaria a aprobación dos dous módulos para poder constar como aprobado na nota final. Para o presente curso, se inciará co MÓDULO MASOTERAPIA E OUTRAS TERAPIAS no primeiro cuadrimestre e seguirase co MÓDULO DE ELECTROTERAPIA E ULTRASONOTERAPIA no segundo cuadrimestre.
|