Prácticas de laboratorio |
A3 A4 A5 A7 A12 A17 C1 C3 C6 C7 |
A asistencia a todas as prácticas de laboratorio, terá o valor correspondente ó 5% da nota, isto é 0,5 puntos sobre 10. Nesta puntuación inclúese ademais da asistencia, a actitude, a colaboración e a participación activa na clase. |
5 |
Estudo de casos |
A3 A4 A5 A17 C1 C3 C7 |
O traballo práctico sobre valoración da postura, terá unha puntuación máxima do 10%.
Valorarase a veracidade dos datos, a calidade do material gráfico, a capacidade descriptiva da inspección, a presentación xeral do traballo, a capacidade de traballo en grupo e a defensa do mesmo.
|
10 |
Obradoiro |
A3 A4 A7 A12 A17 C1 C7 |
Terase moi en conta a asistencia ó obradoiro, a actitude, a execución práctica das indicacións dadas pola profesora e/ou outros/as alumnos/as, a relación cos outros alumnos e a profesora, a responsabilidade e o interés na actividade.
|
10 |
Proba práctica |
A3 A4 A5 C1 |
O exame práctico constará de 3 preguntas sobre os contenidos vistos durante as clases prácticas de laboratorio e durante o obradoiro. Pediraselle o/a alumno/a que elixa ó azar 3 números que se corresponderán con números asignados a unha lista previa de preguntas prácticas. Puntuaranse os seguintes aspectos: a) integración de coñecementos teórico-prácticos, b) aprendizaxe psicomotor (destrezas e control da actividade), c) tempo de resposta.
Puntuación: véxase proba mixta |
0 |