Teaching GuideTerm University College of Physiotherapy |
Grao en Fisioterapia |
Subjects |
NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA | Code | 651G01026 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Third | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Laboratory practice | A1 A3 A5 A11 A12 | Valoraráse a asistencia, a puntualidade, a actitude e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima adecuado durante a aula. Os coñecementos que se adquiran nas prácticas de laboratorio avaliaránse mediante preguntas na proba escrita no caso do alumnado que se avalíe deste xeito, e a través do estudo de casos no caso do alumnado que se avalíe de xeito continuado. |
0 |
Case study | A1 A3 A9 A11 A12 A16 C1 C4 C8 | Metodoloxía onde o alumnado se enfronta á descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. As prácticas de laboratorio e parte das interactivas serán avaliadas con esta metodoloxía. |
15 |
Oral presentation | C1 C3 | O alumnado terá que realizar como mínimo unha presentación oral na aula, para expoñer os resultados quer do traballo tutelado quer dos casos clínicos. | 5 |
Supervised projects | A1 A3 A11 A12 C1 C3 C6 C7 | O alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, en principio individual, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización da profesora para a súa elaboración, e destinaráse tempo presencial das horas de docencia interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. O traballo comporáse como mínimo dunha introdución, un apartado de material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía. | 55 |
Document analysis | C1 C3 C4 C6 | Elaboraráse un pequeno comentario crítico que conteña os elementos máis relevantes que o alumno extraia da análise de documentos audiovisuais (documentais) ou textuais. | 15 |
Objective test | A1 A3 A11 A12 | Proba escrita tipo test cunha soa resposta válida, onde descontarán as respostas incorrectas. Esta proba soamente se aplicará naqueles casos nos que a avaliación continuada do alumnado, composta polas notas dos traballos que se lle irán requerindo ao longo do curso e un mínimo de asistencia e participación na aula, non supere a nota mínima dun cinco (5.0). Neste caso, a proba obxectiva constituirá o 80%, á que haberá que sumar un 20% do traballo tutelado, que é obrigatorio. |
0 |
Guest lecture / keynote speech | A1 A3 | Valoraráse a asistencia activa, a puntualidade, a actitude proactiva e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima adecuado de aprendizaxe durante a aula. Aleatoriamente, solicitaráse do alumnado que asista unha pequena síntese dunhas liñas sobre os puntos máis importantes expostos en clase. | 10 |
Assessment comments | |||
A avaliación será de tipo continuado e a través de traballos de clase, sempre que estes superen os mínimos requerimentos (superen un 5 na avaliación dos mesmos)que se propoñan. De non cumprir estes requerimentos, comunicaráselle ao alumnado afectado esteincumprimento a mediados de decembro e a necesidade de ser avaliado mediante proba obxectiva. O traballo tutelado será o 55% da nota final. A análise de fontes documentais será o 15% da nota final. A presentación oral será o 5% da nota final. A avaliación contínua será o outro 25%, que incluirá o traballo e actividades a realizar durante a docencia práctica, a interactiva e nas sesións maxistrais. Esíxese un mínimo do 80% de asistencia activa e participativa a aula para poder optar á avaliación continuada e a través dos traballos. De non cumprirse, a proba escrita contará o 80% da nota final, xunto co 20% da nota do traballo tutelado.
|
|