Teaching GuideTerm
University College of Physiotherapy
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Subjects
  DOCUMENTACIÓN E ESTADÍSTICA SANITARIA
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
ICT practicals Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías de información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e unha canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados (académicos e profesionais). Refírese prioritariamente á aprendizaxe de “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción por parte do estudantado da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desta aprendizaxe pola profesora-titora.
O alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, en principio individual, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización da profesora para a súa elaboración, destinando tempo presencial das horas de docencia práctica e interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo.
Oral presentation O alumnado terá que realizar como mínimo (pero poderán ser máis en función dos traballos que se vaian propoñendo en clase) unha presentación oral en clase, para expoñer os resultados do traballo tutelado que realice durante o curso, ou outros.
Practical test: Faráse unha proba práctica durante o curso (poderá ser na data de avaliación oficial ou previamente, dependendo do discurrir da materia) para valorar o nivel de coñecementos adquiridos durante a sesión maxistral e as prácticas a través das TIC.
Problem solving Resolución de problemas sobre estatística descriptiva e inferencia estatística.
Multiple-choice questions Proba de resposta múltiple sobre os conceptos da parte de estatística. Realizaráse na data establecida oficialmente para a realización do exame final.
ICT practicals Prácticas (a realizar cun paquete estatístico) sobre a parte de estatística.
Objective test Proba obxectiva na que se avaliará de forma práctica a realización de exercicios de estatística, coa axuda dun paquete estatístico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes