Co estudio desta asignatura preténdese que o alumnado do Grao en Fisioterapia coñeza os conceptos e procedementos básicos para a aprendizaxe de habilidades e estratexias de obtención de información, xestión da mesma e análise estadística de datos, permitíndolles identificar os elementos básicos que compoñen un traballo ou unha publicación académica e facer unha reflexión crítica sobre os mesmos.
Os contidos son transversais, coa intención de que o estudantado coñeza e integre as ferramentas precisas para recuperar e manexar a información dunha forma eficiente, e deste xeito, solucionar os problemas que se plantexen nas asignaturas teórico-prácticas e clínicas da titulación.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.