O/a estudante será avaliado en ambas as oportunidades por un traballo tutelado que poderá ser
realizado individualmente ou en grupo de dúas ou tres persoas. Este traballo deberá integrar cando menos unha das disciplinas ou áreas traballadas na materia (a saber, lingua e literatura, educación músical e artes plásticas)
Para que o alumno/a sexa avaliado unicamente polo traballo tutelado
deberá asistir cando menos ao 80% das sesións presenciais, a excepción daquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
O estudante que non chegue a unha asistencia do 80% das clases presenciais
, ou teña dispensa académica, deberá ser avaliado en ambas as oportunidades ademais de polo traballo, por unha proba
individual. Neste caso os dous ítems da avaliación (traballo e proba
individual) terán unha ponderación do 50% esixíndose en cada unha delas a
nota igual ou superior a 5 sobre 10.