Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.
O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva.
As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas actividades que non tiveren superadas.
Será considerado Non Presentado aquel/a estudante que non realizar os estudos de casos e/ou a proba obxectiva.