Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral |
Subjects |
Inserción e orientación laboral |
Methodologies |
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | Inserción e orientación laboral | Code | 652606612 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | Yearly |
First | Obligatoria | 4 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Introductory activities | Actividade que se realiza ao inicio de cada tema. A súa finalidade é que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos e que os utilice na elaboración do cartafol como un recurso para a valoración e reflexión das aprendizaxes adquiridas na materia. |
Document analysis | As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia: a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal) b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal) c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e que dos que se dará conta no portafolios (actividade individual) d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal) |
Guest lecture / keynote speech | O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia. |
Collaborative learning | A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nas de estudo de casos. Vai ser obxecto de planificación, auto-avaliación e co-avaliación. |
Oral presentation | Presentación grupal dun dos estudos de caso. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora. |
Student portfolio | Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia. |
Case study | O alumnado ha de escoller dous estudos de casos dunha proposta de catro sobre distintas situacións problemáticas relacionadas coa orientación profesional:elaboración dunha unidade didáctica de orientación, a utilización das tecnoloxías dixitais, a metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos, a integración do enfoque de xénero na orientación profesional e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para a docencia no módulo de FOL. |
Mixed objective/subjective test | Está orientada á avaliación das aprendizaxes teóricas. Combina preguntas curtas nas que o alumnado ha de analizar, relacionar e valorar contidos abordados na materia. |
|