ASISTENCIA - A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
- O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala na seguinte sesión.
- Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
- Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA - A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación:
- Presentación oral (2 punto)
- Traballo tutelado (8 puntos)
- Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das catro actividades. Cando non se realice algunha das catro actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
- O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en qué seguir formándome)
- Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e nomeadamente coas materias do itinerario de FOL.
- Aplicación dos contidos da materia na elaboración do TFM
- Achegas da materia para a observación e análise durante o Practicum
- Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar
O estudo de casos é un traballo grupal, no que o grupo presentará un cartafol grupal ao finalizar a materia e nas datas que se indiquen, e no que se incluirá:
- As actividades realizadas en grupo e unha reflexión/valoración sobre as aprendizaxes adquiridas.
- Co-avaliación das tarefas grupais e do funcionamento do grupo.
FALTA DEINTEGRIDADE ACADÉMICA: Ausencia decitación de fontes - As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse. O uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
- Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.
PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso. FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso. NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |