Proba mixta |
A13 C1 |
Realización dunha proba final |
30 |
Lecturas |
A1 A6 A8 A13 |
Elaboración de informes e participación nas discusións dirixidas con argumentos apoiados nas lecturas. |
10 |
Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle. O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva. As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas actividades que non tiveren superadas. Será considerado Non Presentado aquel/a estudante que non realizar os estudos de casos e/ou a proba obxectiva.
|