NORMAS XERAIS DE AVALIACIÓN1
Primeira oportunidade
(maio/xuño)
A
cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes
apartados: Sesións
interactivas (actividades
prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é
obrigatoria e non son recuperables.
A cualificación deste apartado está condicionada á asistencia e
participación do alumno nas sesións programadas: 100% de asistencia: 1
punto; máis do 93%: 0,75 puntos; entre 86%-92%: 0,5 puntos ; entre
80-85%: 0,25puntos; menos de 80%: 0 puntos. Traballos
tutelados. Realizaranse,
obrigatoriamente, dúas
actividades academicamente
dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). As súas
características e datas de entrega serán comunicadas polo profesor. A
cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
cada traballo. Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas
actividades, é requisito imprescindible ter asistido polo menos ao 80%
das sesións interactivas. Non se terán en conta aqueles traballos
entregados fóra do prazo. Proba
individual global de avaliación
dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as
interactivas. Realizarase na data establecida no calendario
oficial da facultade.
Para obter
unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter asistido polo menos ao
80% das sesións interactivas e obter unha media de polo menos 5 sobre 10
tanto nos traballos tutelados como na proba individual global.
A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos
apartados.
No caso de que o alumno asistira polo
menos ao 80% das sesións interactivas e non acade o aprobado en maio/xuño, a
súa cualificación corresponderá á parte suspensa.
O alumnado que NON acudira ao 80% das
sesións interactivas, pode presentarse á proba individual pero a súa
cualificación será de NON PRESENTADO.
NOTA 1: A cualificación de sesións interactivas e traballos
tutelados só se garda durante un curso académico.
Segunda oportunidade (xullo)
Paro
alumnado que acudirá ao 80% das sesión interactivas:
O alumnado
que obtivo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10 nos traballos
tutelados, Deberá realizar, na data establecida no
calendario oficial da facultade, unha nova proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe.
O alumnado
que obtivo unha nota media igual ou superior a 5 na proba individual, Deberá realizar, na data establecida no
calendario oficial da facultade, unha proba específica relacionada co contido das AADs.
En ambos
casos, a cualificación final farase en base á media ponderada das
cualificacións obtidas nas sesións interactivas,
traballos tutelados e proba escrita, sendo imprescindible
acadar como mínimo un 5 sobre 10 nos traballos tutelados e na proba
individual e ter asistido como mínimo ao 80%
das sesións interactivas. A cualificación de suspenso corresponderá
á nota da proba escrita.
Para o
alumnado que NON acudirá ao 80% das sesión interactivas: Deberá realizar, na data establecida no
calendario oficial da facultade, unha proba específica relacionada co contido das AADs (30% da
nota final)
Deberá realizar unha nova proba individual global de avaliación dos resultados de
aprendizaxe (70% da nota final)
O alumnado que
non asistiu polo menos ao 80% das sesións interactivas e obtivo
unha cualificación igual ou superior a 5 na proba individual (maio/xuño) (70% da nota final) Deberá realizar, na data establecida no
calendario oficial da Facultade, unha proba específica relacionada co contido das AADs (30% da nota final)
En ambos
casos, para obter unha cualificación de aprobado é imprescindible ter polo
menos un 5 en cada unha das probas (global e específica). No caso contrario
a cualificación corresponderá á proba que suspenderan.
NORMAS ESPECÍFICAS DE
AVALIACIÓN:
Alumnado con recoñecemento adicación a tempo parcial
segundo o establecido na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na
UDC (29/05/2012):
Deberá poñelo
en coñecemento do profesor a primeira semana de clase.
Terá dereito
preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes
nas sesións interactivas.
O resto da avaliación rexerase polo que
establecen as "normas xerais de avaliación" desta guía docente.
Alumnado con recoñecemento adicación a tempo parcial e
dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o
establecido na "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012):
Deberá poñelo
en coñecemento do profesor a primeira semana de clase.
A
cualificación final na primeira convocatoria (maio/xuño) será consecuencia
dos resultados obtidos nos seguintes apartados: Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de
lapis/papel). O alumnado debe realizar de maneira individual (sen obriga de asistir a clase) as
sesións interactivas das que consta a asinatura, tendo que cumprir
obrigatoriamente un calendario de entregas que o profesor lle dará unha
vez que o alumnado lle presente o certificado de recoñecemento de
matrícula a tempo parcial e dispensa académica. A cualificación deste
apartado está condicionada á entrega por parte do alumno das prácticas e
seminarios. Non se terán en conta os traballos entregados fóra de
prazo. (100% actividades das interactivas: 1 punto; máis do 93%:
0,75; entre 86%-92%: 0,5; entre 80-85%: 0,25; menos de 80%: 0). Traballos
tutelados. O alumnado terá que
realizar, obrigatoriamente e de maneira individual, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD) e terá que
entregalas segundo o calendario establecido. A cualificación deste
apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Para
que se teñan en conta as cualificacións destas dúas actividades, é
requisito imprescindible ter entregado polo menos o 80% das actividades
das sesións interactivas. (3 puntos). Proba
individual global de avaliación
dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as
interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial da facultade.
(6 puntos).
Para obter
unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter entregado polo menos o
80% das actividades das sesións interactivas e obter unha media de
polo menos 5 sobre 10 tanto nos traballos tutelados como na proba individual
global.
A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos
apartados.
No caso de que
o alumno entregara polo menos o 80% das sesións interactivas e non
acade o aprobado, a súa cualificación corresponderá á parte suspensa.
O alumnado que
NON entregara o 80% das sesións interactivas, pode presentarse á
proba individual pero a súa cualificación será de NON PRESENTADO2
NOTA 1: A cualificación de sesións interactivas e
traballos tutelados só se garda durante un curso académico.
NOTA 2: A avaliación para a "segunda oportunidade
(xullo)" será exactamente a mesma que a que aparece nas "normas
xerais de avaliación" desta guía docente .
|