Lecturas |
Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte do docente. Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación sobre unha temática proposta pola profesora ou tamén suxerida pola alumnado, sempre e cando garde relación cos contidos da materia. Este traballo farase en grupo (4-5 persoas) e esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial do mesmo, polo que será preciso desenvolver, como mínimo, unha sesión de titoría na que presentar o guión do traballo e un esquema do seu desenrolo. As datas serán acordadas na aula. Cada grupo expoñerá o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración. |
Recensión bilbiográfica |
Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademáis da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesma. |
Proba de ensaio |
Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Actividades iniciais |
Nas primeiras sesións da clase levaránse a cabo por parte de profesor actividades de carácter expositivo, nas que se presentará o programa da materia e mesmo a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras. |