Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Didáctica da expresión musical
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A53 A54 A55 A56 B22 B1 C3 C5 C7 Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación da propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a capacidade para integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados
É imprescindible asistir a un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos sobre 10).
A partir das 10 prácticas obrigatorias sumarase 1.25 puntos por cada asistencia, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a 14 sesións.
Nos casos de situacións excepcionais poderase recuperar algunha clase tras un previo consenso co profesorado.
15
Supervised projects A55 A54 B1 B12 B13 B16 B17 B19 B22 B25 C3 C5 Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable. Teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Orixinalidade.
2. Creatividade.
3. Utilidade práctica e viabilidade.
4. Coherencia cos obxectivos e contidos da materia
15
Research (Research project) A19 B1 B4 B9 B12 B13 B14 B15 B21 B23 B24 C8 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia no que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Uso axeitado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
15
Guest lecture / keynote speech A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 C7 C5 Realizarase unha ou varias probas escritas que integrarán diferentes formatos:
1. Probas de resposta breve.
2. Preguntas tipo test.
3. Preguntas abertas.
4. Exercicios prácticos.
25
Mixed objective/subjective test A56 B1 B21 B22 B25 Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Lectura musical (25%).
2. Dictado musical (15%).
2. Entoación vocal (30%).
3. Interpretación con frauta doce (30%).
30
 
Assessment comments

De acordo á participación presencial do alumnado, a avaliación presenta
dúas opcións en calquera das convocatorias:

OPCIÓN A: Alumnado con asistencia igual ou superior ao 80%:

1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha
nota mínima de 5 sobre 10.

OPCIÓN B: Alumnado con matrícula en réxime de estudos a tempo parcial ou
que teña menos do 80% de asistencia.

1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha
nota mínima de 5 sobre 10. 

2. Debido as súas características, os
traballos tutelados poderán ser substituídos por outros similares a proposta do
profesorado.

3. O alumnado que non poda realizar as prácticas individuais (proba mixta),
deberá realizar unha proba dos contidos traballados na aula.

4. Considerando que o Obradoiro consiste na interpretación instrumental e vocal
en grupo, o alumnado que reúna os
requisitos para considerarse non presencial deberá acudir á proba acompañado
como mínimo de catro persoas. No caso de no ser posible isto, presentará o
acompañamento das pezas do programa en calquera formato dixital dos que se
contemplan nos contidos da materia.

Os seguintes aspectos afectarán negativamente a cualificación, tanto nos exames como nos traballos:


  • Deficiencias ortográficas.
  • Redacción inconexa ou
    inadecuada.
  • Presentación deficiente.
  • Plaxio.

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha
educación e unha sociedade sustentable. Atendendo a isto, sempre que
sexa posible, a presentación dos traballos escritos  será en soporte dixital.  No caso contrario evitarase o uso de produtos
plásticos na entrega dos mesmos.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes