A realidade socio-educativa do educador social é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de dirversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro ao educador social selecionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que o educador social dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral.
A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o investigador social, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema.
O desenvolvemento da investigación pretende, ademais de solucionar problemas existentes no contexto social, ser fonte de información e formación para os profesionais encargados de desenvolver a súa actividade neste campo de traballo, permitíndolles intervir con máis garantías de calidade e, sobre todo, ser capaces de anticiparse aos problemas e as necesidades do ámbito.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías