Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa | Código | 652G03020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Discusión dirixida | Mediante esta metodoloxía abordaranse diversos temas orientados a que o alumando reflexione sobre a aplicación das distintas estratexias de colaboración, comunicación, xestión e difusión da información na dinamización cultural e o desenvolvemento da acción socioeducativa. Ten como obxecto construír unha visión crítica respecto das diferentes formas de dinamizar as accións que se levan a cabo nos distintos contextos de intervención. |
Traballos tutelados | En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos de grupo. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos. |
Portafolios do alumno | O alumnado deberá realizar en pequeno grupo (4-5 persoas) un traballo final da materia. •Opción A. Deseño do plan de comunicación dunha institución socioeducativa (Tomando o rol dun community manager educativo). Consistirá no deseño dun plan de comunicación en redes sociais dunha institución socioeducativa (a elixir polo grupo de traballo e que poderá ser real ou simulada). •Opción B. Portafolios grupal da materia. Colección de traballos dos estudantes acerca da materia ordenado a modo de diario de aula, existindo cando menos, unha entrada por sesión (total 28). |
Proba mixta | A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia. |
|