Guest lecture / keynote speech |
Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
|
Directed discussion |
Mediante esta metodoloxía abordaranse diversos temas orientados a que o alumando reflexione sobre a aplicación das distintas estratexias de colaboración, comunicación, xestión e difusión da información na dinamización cultural e o desenvolvemento da acción socioeducativa. Ten como obxecto construír unha visión crítica respecto das diferentes formas de dinamizar as accións que se levan a cabo nos distintos contextos de intervención. |
Student portfolio |
O alumnado deberá realizar en pequeno grupo (4-5 persoas) un traballo final da materia.
•Opción A. Deseño do plan de comunicación dunha institución socioeducativa (Tomando o rol dun community manager educativo). Consistirá no deseño dun plan de comunicación en redes sociais dunha institución socioeducativa (a elixir polo grupo de traballo e que poderá ser real ou simulada).
•Opción B. Portafolios grupal da materia. Colección de traballos dos estudantes acerca da materia ordenado a modo de diario de aula, existindo cando menos, unha entrada por sesión (total 28).
|