A materia optativa Orientación e políticas de emprego aporta coñecementos necesarios para traballar no ámbito da inserción laboral: as medidas e políticas de emprego, a caracterización do mercado laboral e o coñecemento do entramado institucional europeo, estatal e galego con competencias no ámbito do emprego e da formación. Esta materia ademais de aportar coñecementos profesionais axuda a facer unha lectura comprensiva e crítica sobre o mercado laboral , sobre as políticas de austeridade que se están aplicando e as súas consecuencias en termos de inequidad social ou de incremento das desigualdades sociais. |