O uso, abuso e dependencia de substancias, así como as adicións psicolóxicas, constitúen unha problemática socio-comunitaria de grande vixencia. A materia "Desenvolvemento e prevención de condutas aditivas" pretende introducir ao alumnado de Educación Social no campo das adicións, co fin de dotarlle das ferramentas conceptuais e metodolóxicas necesarias para a súa prevención desde unha perspectiva socioeducativa. En concreto, ao longo do curso se analizarán os principais factores intervintes no inicio e mantemento das condutas aditivas, estudándose as súas repercusións a nivel persoal, laboral, social e comunitaria. Dacordo con elo, proporcionaranse diversas pautas e medidas dirixidas a súa prevención no contexto familiar, escolar e socio-comunitario.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías