Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Social |
Subjects |
Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía | Code | 652G03038 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fourth | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Online forum | Publicación de informacións impresas e audiovisuais na plataforma Moodle, e partcipación do estudantado no mesmo mediante as súas recomendacións propias respecto a outros recursos impresos e audiovisuais. Comunicación mediante o foro dixital da plataforma Moodle (envíos de emails e foro colectivo). |
Directed discussion | Debates e posta en común, en pequeno, mediano ou grande grupo, dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre. Estes debates versarán sobre o contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase. |
Case study | Metodoloxía na que se analiza unha situación específica cun problema a ser entendida e valorada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión, e posteriormente (e hipoteticamente) intervida. Estes casos xurdirán nas clases interactivas ou nalgún dos libros seleccionados polos micro-grupos. |
Workbook | Lectura e análise dos documentos incluídos no Dossier de Lecturas, para traballar a materia. A maiores das breves lecturas do Dossier, cada micro-grupo de estudantes seleccionará un libro (de entre máis de 60 títulos), do que terá que ler polo menos 100 páxinas e preparar unha presentación oral do mesmo perante o grupo-clase. |
Oral presentation | Exposición grupal do libro escollido polo micro-grupo. A presentación durará un máximo de 20 minutos e terá lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio. |
Guest lecture / keynote speech | Exposición oral, por parte da docente, co apoio de recursos audiovisuais, dos contidos relacionados co temario da materia. |
Supervised projects | Realización individual, ou en parella, dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas en clase. Dito traballo consistirá no deseño dunha intervención pedagóxica baseada na análise e aplicación dos contidos abordados ao longo do cuadrimestre. Entrégase o día do exame final. |
Simulation | Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
Collaborative learning | Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral. |
|