Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas | Código | 652G03039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio (abertas de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas (de resposta múltiple, breve, asociación...). |
Estudo de casos | Metodoloxía na que o suxeito se enfronta á descripción dunha situación específica que formula un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto polo grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. |
Análise de fontes documentais | Utilización de documentos relevantes textuais (artigos, libros, novas de prensa, poemas, textos lexislativos...) e audiovisuais (documentais, curtas, filmes , fotografías, viñetas...) que faciliten e amplíen a comprensión dos conceptos básicos da materia, e permitan a elaboración de pensamentos razoados acerca da intervención socioeducativa. |
Portafolios do alumno | É unha carpeta ou arquivador ordeado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo, o que permite visualizar o progreso do alumnado. |
|