Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011) |
Asignaturas |
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía | Código | 653491004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A6 A7 A11 B5 B6 | O alumno deberá realizar unha presentación oral dun traballo de investigación en formato póster. Terá un valor do 15% sobre a nota final total, avaliando a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas. | 15 |
Proba de resposta múltiple | A5 A6 A7 A10 B5 | O alumno deberá realizar obrigatoriamente exercicios relacionados coa docencia impartida no curso. | 10 |
Proba obxectiva | A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 | Farase un exame global da materia. | 30 |
Sesión maxistral | A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 | O alumno deberá asistir ás clases e seminarios propostos. En caso de que o alumno teña máis de 3 faltas, deberá facer un traballo de investigación máis extenso: < 3 faltas- 20 citas; 4- 6 faltas: 40-citas; 7-9 faltas: 60 citas; >10 faltas: 80 citas. Darase un 5% da nota final a aqueles alumnos con 3 ou menos faltas. | 5 |
Traballos tutelados | A5 A6 A7 A10 A11 B5 B6 B7 | O alumno, ao finalizar o curso deberá entregar un traballo de investigación ou de revisión bibliográfica de alta calidade, avaliándose a estrutura e forma do mesmo, o uso de traballos científicos relevantes (mínimo de 20 referencias bibliográficas, das cales ao menos o 80% serán en inglés) e a calidade e innovación do tema proposto. Este traballo terá un valor do 40% sobre a nota final total (10% presentación oral e 30% calidade do traballo). |
40 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia deberá superarse tanto a proba obxectiva como o traballo tutelado. TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Mestrado cursado. |
|