A asignatura consta de tres bloques: Análise de datos (que representa o 50% da nota final), a práctica clínica-revisións sistemáticas (que supón o 25% da nota final) e Metaanálise (o restante 25%). Para aprobar a asignatura será necesario obter unha calificación mínima dun 3 sobre 10 en cada unha das tres partes das que consta a asignatura. Soamente nese caso, procederase á suma das calificacións dos tres bloques para obter a calificación final da asignatura.
Os tres bloques son independentes, de xeito que a nota dun dos bloques non afecta á nota dos outros bloques.
A evaluación de cada un dos bloques basearase na realización e entrega de exercicios e traballos, contemplándose tamén a posibilidade de realización de exames que poderán ser presenciais. As instruccións para os exercicios e traballos, así como as datas límite para a súa entrega serán publicadas na plataforma Moodle da UDC con anterioridade ao comenzo da impartición da asignatura.
Para obter a calificación de NON PRESENTADO, os alumnos non poderán estar avaliados en ningunha das tres partes da asignatura.
En sucesivos cursos académicos será necesario repetir tódalas actividades e probas programadas, ainda que
fosen superadas en cursos anteriores.