Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Investigación en Ciencias da Saúde II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C6 Traballos onde se reflicte o dominio teórico-metodolóxico da materia 50
Aprendizaxe colaborativa B6 B7 C4 C5 C7 C8 Controis escritos, exercicios entregados, participación na aula virtual 50
 
Observacións avaliación

A asignatura consta de tres bloques: Análise de datos (que representa o 50% da nota final), a práctica clínica-revisións sistemáticas (que supón o 25% da nota final) e Metaanálise (o restante 25%). Para aprobar a asignatura será necesario obter unha calificación mínima dun 3 sobre 10 en cada unha das tres partes das que consta a asignatura. Soamente nese caso, procederase á suma das calificacións dos tres bloques para obter a calificación final da asignatura.

Os tres bloques son independentes, de xeito que a nota dun dos bloques non afecta á nota dos outros bloques.

A evaluación de cada un dos bloques basearase na realización e entrega de exercicios e traballos, contemplándose tamén a posibilidade de realización de exames que poderán ser presenciais. As instruccións para os exercicios e traballos, así como as datas límite para a súa entrega serán publicadas na plataforma Moodle da UDC con anterioridade ao comenzo da impartición da asignatura.

Para obter a calificación de NON PRESENTADO, os alumnos non poderán estar avaliados en ningunha das tres partes da asignatura.

En sucesivos cursos académicos será necesario repetir tódalas actividades e probas programadas, ainda que
fosen superadas en cursos anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes