INDICACIÓNS DO PROFESORADO:
Profs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz. A asistencia á clase é obrigatoria. Recoméndase levar a materia ao día para obter un bo rendimento académico.
Prof. Sergio Santos del Riego. Obrigatoria a asistencia para o grupo de traballo de estudantes que expoñen nas clases de grupo grande de Cinesioloxía Ocupacional e altamente recomendable para o resto dos seus compañeiros. É altamente recomendable que os estudantes asistan aos 3 ou 4 seminarios teórico-prácticos que se realizan para cada grupo mediano.
OBSERVACIÓNS:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do Plan Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia:
A.- Maioritariamente, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
B.- De realizarse e papel:
1. Non se utilizarán plásticos.
2. Realizaranse impresións a dobre cara.
3. Empregarase papel reciclado.
4. Evitarase a realización de borradores.
|