O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art.º 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que o estudante ten por materia.
Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puider establecer.
Se valorará a puntualidade e a asistencia obligatoria a todas las horas presenciales das metodoloxías establecidas na materia.
Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada una das metodoloxías que conforman a asignatura. Ademais, será necesario ter unha calificación mínima de 1.75 (sobre 3.5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a calificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtindas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa calificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba mixta.