O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación
numérica acordo co establecido no art.º 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de
carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de
cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que,
estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de
avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación
específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como
“Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas
condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do
período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria
no número total de convocatorias que o estudante ten por materia.
Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao
longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da
titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais
obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha
actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario
académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global
de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do
proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a
ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba
global, no marco que o centro puider establecer.
Se valorará a puntualidade e a asistencia obligatoria a todas las
horas presenciales das metodoloxías establecidas na materia.
Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas
metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada una
das metodoloxías que conforman a asignatura. Ademais, será necesario ter unha
calificación mínima de 1.75 (sobre 3.5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a
calificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita
puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria
corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtindas no resto de
metodoloxías serán tidas en conta para a súa calificación na segunda
oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba
mixta.