Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Turismo |
Grao en Turismo |
Asignaturas |
Economía da Empresa |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Economía da Empresa | Código | 662G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | A partir dos temas abordados nas sesións maxistrais propoñerase a realización dun traballo en grupo que consistirá na creación dunha empresa turística. O traballo desenvolverase polo alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionen a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia os materiais básicos e complementarios da materia. |
Sesión maxistral | Explicaranse os contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, medios audiovisuais e cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe. |
Presentación oral | Consistirá na exposición oral do traballo tutelado realizado ao longo do curso. Mediante o apoio de medios audiovisuais o alumno deberá presentar a empresa turística que creou ao resto dos asistentes. O traballo será exposto nas datas establecidas. |
Estudo de casos | As actividades de estudo de casos tratarán sobre situacións reais centradas no ámbito turístico. Deste xeito, o alumno aplicará os coñecementos adquiridos durante as sesións maxistrais mediante a participación activa e alcanzará un maior coñecemento da realidade. Para valorar a asistencia ás clases, as devanditas actividades poden ser realizadas en calquera día, hora e non necesitan de aviso previo ao alumnado. |
Proba obxectiva | Realización dun exame final a través dunha proba escrita que versará sobre aspectos teóricos, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos na aula. |
|