Segundo
a participación do alumnado na materia, a avaliación considera dúas opcións:
Opción A (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de
clase (alumnos que acrediten a súa asistencia a, polo menos, o 85% das
clases) e para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a normativa aplicable)
1) Traballos tutelados 20%
2)
Proba obxectiva 80%
A
devandita proba obxectiva única, abranguerá toda a materia e consistirá na
resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas e/ou de resposta
múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.
A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación
dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final se obterá da
avaliación da proba obxectiva e dos traballos tutelados.
No conxunto das dúas partes (20% e 80%), o alumno deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos.
Non obstante, non se considerará superada a materia, se nos
traballos tutelados non se obtén un mínimo de puntuación de 0,5 sobre 2 puntos
totais, e na proba obxectiva un mínimo de 3 puntos sobre 8 puntos totais.
Opción B (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades
de clase (alumnos que non acrediten a súa asistencia a, polo menos, o
85% das clases)
1) Proba obxectiva 100%
A
devandita proba obxectiva única, abranguerá toda a materia e consistirá na
resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas e/ou de resposta
múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.
Esta proba representará o 100% da nota final. O alumno deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos.
Na segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas
oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación
por proba obxectiva única.
Independentemente de todo o anterior, para superar a materia
Aloxamentos e Restauración II, todos os alumnos deberán superar
satisfactoriamente un período de formación práctica de 2 meses nunha empresa de
aloxamentos. Estas prácticas desenvolveranse ao longo do segundo curso ou do
terceiro de xeito indistinto".