Teaching GuideTerm
University College of Tourism
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Subjects
  Segundo Idioma Moderno I: Alemán
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Speaking test A13 A16 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 A proba oral consistirá nun exercicio oral público tipo prsentación e/o entrevista individual duns 10 minutos de duración. 10
Supervised projects A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 É necesario ter entregado un mínimo do 75% dos traballos tutelados para que a cualificación destes se teña en conta na nota final da materia.
Os traballos, unha vez feita a primeira corrección por parte do profesor, deberán ser corrixidos polos alumnos e deberanos de entregar novamente para que sexan tidos en conta na cualificación final da materia.
O final do curso o alumno deberá contar con un portfolio que será entregado seguindo as indicacións de forma e tempo estipuladas para a súa valoración na avaliación final, sempre que a nota da proba mixta final sexa igual ou superior ao 4.5.
15
Mixed objective/subjective test A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 As probas mixtas constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita consistente nunha redacción.

Será necesario aprobar cada unha das dúas partes das que consta a devandita proba para superar a materia (exercicios de gramática e expresión escrita).
Para que se teñan en conta as notas obtidas no resto de traballos realizados ao longo do curso (incluído a proba mixta durante o curso) o alumno deberá de obter no exame final escrito unha nota igual ou superior ao 4.5.
75
 
Assessment comments
.- A participación, asistencia e aproveitamento das clases, así como a entrega das redaccións, a proba oral e o resto de probas que se realicen ao longo do curso serán tidas en conta na valoración final da materia sempre e cando se trate da Convocatoria Ordinaria (1ª Oportunidade) e o alumno obteña unha nota mínima de 4.5 no exame escrito final.

.- No resto de convocatorias a cualificación final da materia quedará supeditada ao exame escrito. Isto é aplicable a todolos alumnos.

.- No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" a nota final da asignatura será aquela da proba mixta final. En caso de ser posible recomendase ao alumno facer a proba oral e mais os traballos tutelados para poder ser tidos en conta, neste caso a nota final será a suma porcentual da proba mixta, a proba oral e os traballos tutelados. De calquera modo os traballos terán que ser entregados en la fecha que se establezca, para o que o alumnado terá que estar en contacto con outros compañeiros ou ben co profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes