EXAME PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
No exame da primeira e segunda oportunidade, realizarase unha proba obxectiva e outra de solución de problemas.
AVALIACIÓN CONTINUA (PRÁCTICAS DE LABORATORIO)
Representa o 30 % da nota final. Esta nota gardarase ata a segunda oportunidade.
Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e expositivas, así como realizar TODAS as actividades propostas. No caso de non cumprir algún dos requisitos anteriores a nota correspondente á Avaliación Continua, será cero (0).
- Práctica de Laboratorio: Deseño e fabricación dun formigón en laboratorio. Realización de ensaios de consistencia e resistencia. (30 %).
- CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos. (30 %).
- CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón. (30 %).
NOTA FINAL
A nota final obterase mediante o cálculo da media aritmética ponderada das distintas metodoloxías de avaliación. (30 % Avaliación Continua, 50 % Proba Obxectiva e 20 % Solución de Problemas).
Tanto na Proba Obxectiva, como en cada un dos exercicios que poden compor o exame de Solución de Problemas, débese obter unha nota mínima de 4 sobre dez, para poder obter o aprobado na materia.
En caso contrario (Nota inferior a 4 nalgunha das partes do exame), a nota medía ponderal dividirase por 1,6.
Sera necesaria unha nota media de 5 sobre 10 para aprobar.
ALUMNOS CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL
Para optar á Nota correspondente á Avaliación Continua (PRÁCTICAS DE LABORATORIO), deberán realizar obrigatoriamente as actividades contempladas no devandito apartado, quedando dispensados de cumprir a asistencia obrigatoria ás clases interactivas e expositivas.
Non se permite o uso de calculadoras programables nos exames da materia.