Descrición xeral |
Os obxectivos docentes básicos da Mitoloxía Clásica son dar a coñecer os principais mitos gregos e latinos e as distintas correntes teóricas que trataron de comprendelos e estudalos. Entendida como repertorio e estudo sistemático dos mitos antigos, a mitoloxía representa un aspecto fundamental nos estudos da cultura clásica desde diversos puntos de vista (histórico, antropolóxico, literario, etc.). A súa pervivencia e continua reinterpretación dos mitos ao longo do tempo, ata os nosos días, fan da mitoloxía clásica un referente fundamental da cultura occidental, que se manifesta en eidos tan diversos como a arte, a literatura, o cinema ou a música, entre outros. A todos estes aspectos presta atención a materia Mitoloxía clásica, cuxo programa se estrutura en dúas partes: unha, máis teórica, que pretende comprender qué é o mito e como foi interpretado e outra centrada na análise dalgúns mitos gregos. |