Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012) |
Asignaturas |
Ampliación de hidrostática e hidrodinámica |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Ampliación de hidrostática e hidrodinámica | Código | 730496020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B1 B4 B7 C1 | A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 30% sobre a nota de cada unha das partes da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva". | 30 |
Solución de problemas | B6 B2 | A calificación destes problemas representará un máximo dun 10% da nota, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" | 10 |
Proba obxectiva | B2 B5 B6 | Unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en duas partes: 1.- Hidrostática 2.- Hidrodinámica Cada unha de estas partes dividirase a súa vez en Teoría e Práctica. Para poder aprobar a materia haberá que ter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das partes citadas (Teoría e Práctica). A parte de Teoría terá unha valoración de entre o 35% e o 65% do total e a de Práctica o 65% ou o 35% do total respectivamente, a definir ó comezo do curso, e farase público a través de Moodle e nas clases presenciais. A valoración de cada unha de esas partes será. 1.- 50 % do total 2.- 50 % do total Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas. Todo estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico correspondente. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria extraordinaria de decembro. A LIBERACIÓN DAS PARTES SO SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE. A cualificación máxima desta proba obxectiva será dun 50 % da nota final do alumno. |
50 |
Prácticas de laboratorio | B2 C1 | A cualificación destes problemas representará un máximo dun 10% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" | 10 |
Observacións avaliación | |||
Dado que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado, nin a asistencia ás prácticas de laboratorio, nin a memoria destas prácticas. Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán realizar un exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 10 % do total, e deberán responder a unha serie de preguntas orais sobre o traballo tutelado, que contabilizarán na valoración do mesmo. |
|