Methodologies
|
Guest lecture / keynote speech |
Problem solving |
Objective test |
Supervised projects |
Case study |
|
Description |
O profesor atenderá en titorías a cada alumno que o requira para resolver dúbidas sobre teoría ou práctica.
A atención ao alumno poderá ser dentro ou fóra dos horarios oficiais de titorías aínda que, para evitar esperas innecesarias ao alumno, tanto nun caso como no outro, sempre a data e hora acordaranse previamente a través correoE ou teléfono.
As cifras de atención personalizada recollidas na planificación son orientativas.
A materia pode ser seguida a distancia, a través da Web. Aos alumnos que non poidan acudir a clase recoméndaselles descargar os apuntamentos, estar en contacto continuo cos compañeiros que asisten a clase para obter os exercicios e casos resoltos en clase, e tratar de resolvelos pola súa conta sen mirar as solucións. Recoméndase tamén, tras o correspondente estudo, consultar todas as dúbidas en sesións de titoría. En caso de non poder acudir a estas sesións, as dúbidas trataranse de resolver a través do teléfono ou o correo electrónico, na medida do posible. |
|