Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Subjects
  Deseño e construción de plantas industriais
   Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Problem solving
Objective test
Supervised projects
Case study
Description
O profesor atenderá en titorías a cada alumno que o requira para resolver dúbidas sobre teoría ou práctica.

A atención ao alumno poderá ser dentro ou fóra dos horarios oficiais de titorías aínda que, para evitar esperas innecesarias ao alumno, tanto nun caso como no outro, sempre a data e hora acordaranse previamente a través correoE ou teléfono.

As cifras de atención personalizada recollidas na planificación son orientativas.

A materia pode ser seguida a distancia, a través da Web. Aos alumnos que non poidan acudir a clase recoméndaselles descargar os apuntamentos, estar en contacto continuo cos compañeiros que asisten a clase para obter os exercicios e casos resoltos en clase, e tratar de resolvelos pola súa conta sen mirar as solucións. Recoméndase tamén, tras o correspondente estudo, consultar todas as dúbidas en sesións de titoría. En caso de non poder acudir a estas sesións, as dúbidas trataranse de resolver a través do teléfono ou o correo electrónico, na medida do posible.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes