Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Subjects
  CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS I
   Personalized attention
Methodologies
Objective test
Guest lecture / keynote speech
Case study
Laboratory practice
Description
O profesor atenderá en titorías a cada alumno que o requira para resolver dúbidas sobre teoría, problemas e casos prácticos.

A atención ao alumno poderá ser dentro ou fóra dos horarios oficiais de titorías aínda que, para evitar esperas innecesarias ao alumno, tanto nun caso como no outro, sempre a data e hora acordaranse previamente a través correoE ou teléfono.

As cifras de atención personalizada recollidas na planificación son orientativas.

A materia pode ser seguida a distancia, a través da Web. Esta materia foi superada sen problemas por alumnos que non acudiron nunca a clase. Aos alumnos que non poidan acudir a clase recoméndaselles descargar os apuntamentos, os exames resoltos e as follas de prácticas da Web e, tras o correspondente estudo, tratar de resolver as follas de prácticas, consultando as dúbidas en sesións de titoría que se fixarían para todos estes alumnos, en datas acordadas con eles. En caso de non poder acudir a estas sesións, as dúbidas trataranse de resolver a través do teléfono ou o correo electrónico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes