Proba obxectiva |
A1 A5 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C4 C5 |
Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe.
A asignatura constará de catro partes e a nota final da asignatura será a suma das notas obtidas en cada unha de elas.
1) A avaliación da primeira parte realizarase no periodo previsto para os exames parciais e incluirá a materia explicada ata entón. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata xullo) e recuperable
2) A segunda parte realizarase no periodo usual de exames finais en xaneiro, xunto cunha recuperación para aqueles que non aprobaran a primeira parte no parcial.
O peso conxunto destas dúas partes será do 80% da nota final.
No caso de aprobar algunha das dúas partes, ben sexa no parcial ou no examen final de xaneiro, o aprobado conservarase para o presente curso, ata a celebración do exame de segunda oportunidade de xullo.
3) A terceira parte consistirá na avaliación dos contidos do tema "Números complexos", ben mediante os traballos desenvolvidos ó longo do cuadrimestre, ben coa realización dun exercicio específico na proba obxectiva final. O peso desta parte é do 10% da nota final.
4) A cuarta parte consistirá na avaliación relativa ao uso do programa de cálculo MAXIMA. Os alumnos deben resolver exercicios mediante o uso do programa informático que empregaron nas clases de laboratorio. Esta avaliación realizarase antes do exame final de Xaneiro.
Esta parte non é recuperable: a nota obtida gardarase só para o presente curso, ata a proba de segunda oportunidade de Xullo. O peso desta cuarta parte será do 10% da nota final. |
100 |