Aclaracións sobre a avaliación:
- Primeira parte: avaliarase sobre 4 puntos, no caso de ter un mínimo de 2 puntos nesta parte, o estudantado poderá facer ou non a parte relativa correspondente nos exames da primeira e segunda oportunidade.
Segunda parte: avaliarase sobre 1,5 puntos. No caso de ter un mínimo de 0.75 puntos, o estudantado poderá facer ou non a parte relativa correspondente nos exames de primeira e segunda oportunidade.
Terceira parte:
- No caso de ter un mínimo do 50% na nota da primeira parte (temas 1 e 2) ou da segunda parte (tema 3) nas avaliacións correspondentes, o estudantado poderá elixir se facer ou non os exercicios relativos a estas partes na proba obxectiva final.
- O estudantado avaliarase necesariamente dos temas 4 e 5 na proba final. Ademais debe acadar un mínimo do 40% da nota relativa á última parte (temas 4 e 5) para superar a materia.
As cualificacións obtidas na primeira parte na proba parcial e na segunda parte na avaliación correspondente conservaranse ata a segunda oportunidade
da avaliación en caso de obter alo menos a metade da puntuación total. Isto aplícase a cada unha delas independentemente.