Teaching GuideTerm Higher Polytechnic University College |
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica |
Subjects |
Hidrostática e estabilidade |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | Hidrostática e estabilidade | Code | 730G05020 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatoria | 7.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Case study | A18 B2 B3 B6 C1 C6 | ELABORACIÓN DE CÁLCULOS DE ESTABILIDADE E CÁLCULOS DE FRANCOBORDO E ARQUEO. Nestes estudos de casos realizaranse os cálculos de hidrostáticas e de francobordo dun buque real. Os alumnos deberán entregar unha memoria con tódolos cálculos necesarios e unha análise dos resultados obtidos. A realización e entrega da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura. Os detalles das datas/prazos dos estudos publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais. Estes traballos deberán de realizalos tódolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non os aprobaran en cursos anteriores. Aqueles cos traballos aprobados de cursos anteriores e que desexen non realizalos no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilos para obter unha nova cualificación nos mesmos. A memoria do estudo dos cálculos de estabilidade valorarase do 0 ó 10, e a nota obtida fará media coa proba obxectiva da Parte 2 da asignatura, representando un 7.5 % da mesma, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4. A memoria do estudo dos cálculos de francobordo valorarase do 0 ó 10, e a nota obtida fará media coa proba obxectiva da Parte 3 da asignatura, representando un 7.5 % da mesma, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4. |
5 |
Laboratory practice | A18 B1 B2 B3 B6 C1 | REALIZACIÓN DUNHA PROBA DE ESTABILIDADE NO LABORATORIO Nestas prácticas realizarase a experiencia de estabilidade dun modelo de buque a escala. Tras estas prácticas, os alumnos deberán recoller nunha memoria os cálculos necesarios para obter as caracterísitcas do rosca do buque que se estuda. A asistencia presencial as prácticas no laboratorio, así como a realización da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura. Os detalles das datas/prazos das prácticas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais. Aqueles alumnos con dispensa de asistencia que non poidan acudir a sesión presencial de prácticas, farán xunto co exame final da asignatura un exame de prácticas que terá a mesma contribución á cualificación final que estas prácticas de laboratorio, e sendo preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no mesmo para superar a asignatura. Estas prácticas deberán de realizalas todolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non as aprobaran en cursos anteriores. Aqueles coas prácticas aprobadas de cursos anteriores e que desexen non realizalas no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondiente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilas para obter unha nova cualificación na mesma. A memoria de prácticas valorarase do 0 ó 10, e a nota obtida fará media coa proba obxectiva da Parte 1 da asignatura, representando un 7.5 % da mesma, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4. |
2.5 |
Problem solving | A18 B1 B2 B3 | RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS PRÁCTICOS DE CADA UN DOS TEMAS NOS QUE SE DIVIDE A ASIGNATURA. O profesor proporá un boletín de problemas de cada unha das tres partes da asignatura, que deberán ser resoltos polo alumno e entregados nunha memoria que conteña os cálculos e os resultados obtidos. A realización e entrega das memorias é obrigatoria para poder superar a asignatura. Os detalles das datas/prazos dos problemas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais. Estes traballos deberán de realizalos tódolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non os aprobaran en cursos anteriores. Aqueles cos problemas aprobados de cursos anteriores e que desexen non realizalos no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilos para obter unha nova cualificación nos mesmos. A memoria dos problemas de cada unha das partes valorarase do 0 ó 10, e a nota obtida fará media coa proba obxectiva de cada unha das partes da asignatura, representando un 7.5 % da mesma, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4. |
7.5 |
Objective test | A18 B1 B2 B3 | PROBAS INDIVIDUAIS PARA DETERMINAR SI SE CUMPLEN OS OBXECTIVOS DOS COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS A PARTIRES DAS SESIÓNS MAXISTRAIS E DO RESTO DOS TRABALLOS PREVISTOS AO LONGO DO CURSO Farase unha proba obxectiva que consistirá nun exame que se dividirá en tres partes: 1.- Estabilidade en estado intacto, 2.- Varada e Estabilidade en avarías, 3.- Francobordo e Arqueo. Cada unha destas partes dividirase a súa vez en Teoría e Problemas. Para poder aprobar a materia haberá que ter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das partes antes citadas. Esa nota obterase considerando en conxunto as notas de Teoría e máis de Problemas. A parte de Teoría terá unha valoración do 35 % ou o 40 % do total e a de problemas o 65 % ou o 60 % do total, en cada unha de esas partes antes citadas, a definir polo profesor na mesma proba obxectiva. A valoración de cada unha de esas partes será: 1.- 50 % do total 2.- 32,5 % do total 3.- 17,5 % do total. Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas. Todos estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico 2016-2017. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria extraordinaria de decembro. A LIBERACIÓN DAS PARTES SÓ SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE. |
85 |
Assessment comments | |||
A cualificación final do alumno obterase mediante a media ponderada de cada unha das tres partes da asigntura, do xeito seguinte: Cualificación final = 0.5 * Cualificación Parte 1 + 0.325 * Cualificación Parte 2 + 0.175 * Cualificación Parte 3 Para superar a asigntura, a Cualificación final deberá superar os 5 PUNTOS, e a nota de cada unha das probas obxetivas de cada unha das tres partes deberá superar os 4 PUNTOS. A cualificación de cada unha das tres partes da asigntura obterase do seguinte modo: Cualificación Parte 1 = 0.85 * proba obxectiva Parte 1 + 0.075 * solución problemas Parte 1 + 0.075 * estudo de casos (cálculo estabilidade) Cualificación Parte 2 = 0.85 * proba obxectiva Parte 2 + 0.075 * solución problemas Parte 2 + 0.075 * prácticas de laboratorio (experiencia estabilidade) Cualificación Parte 3 = 0.85 * proba obxectiva Parte 3 + 0.075 * solución problemas Parte 3 + 0.075 * estudo de casos (cálculos de francobordo) No |
|