Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Enfermaría |
Asignaturas |
Bioloxía |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Bioloxía | Código | 750G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 | A presentación do traballo tutelado é obrigatoria en Primeira Oportunidade. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, estilo e bibliografía. | 15 |
Prácticas de laboratorio | A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 | Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. A realización de todas as sesións prácticas e a presentación do caderno correspondente é obrigatoria e contribuirá sumando 0,5 puntos. | 5 |
Saídas de campo | A2 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 | A asistencia a esta actividade e a entrega da memoria resumen da saída valórase con 0,5 puntos. | 5 |
Proba mixta | A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 | As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. As probas parciais deben superarse polo menos con 4 puntos para quedar exento de realizar a proba final. A proba final será única e relativa ao contido completo da materia. Para poder aprobar a materia, a nota da proba final debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumno que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. | 75 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos os alumnos con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (febreiro). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumno pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregase en prazo as actividades académicas deseñadas para o curso) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e Adiantada (ITINERARIO ADIANTADA). Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada): 1.- Traballo tutelado 15% 2.- Proba mixta con nota superior a 4 puntos 75% 3.- Prácticas de laboratorio 5% 4.- Saída de campo 5% Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnos con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnos con matrícula a tempo parcial): 1.- Proba mixta 100% A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumno será a mesma que para primeira matrícula, coa excepción de que se conservará durante dous cursos académicos a porcentaxe da nota final obtida pola avaliación das Prácticas de laboratorio e Saída de campo |
|