Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Estadías Clínicas III
   Methodologies
Methodologies Description
Seminar Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. realizarase un seminario obrigatorio antes do inicio da rotación no ámbito sociosanitario
Problem solving Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
No ámbito sociosanitario os estudantes seleccionaran un residente con dependencia moderada para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Realizarase titoria obrigatoria para realizar a avaliación da planificación de coidados realizada e facilitar a reflexión acerca do xuicio clínico.
Clinical practice placement O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes