Para aprobar a materia é imprescindible a asistencia as prácticas e aprobar tanto a proba práctica como a proba mixta.
O alumno que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estuvese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes as prácticas, ademais do TFG, para rematar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, en aquelas datas que se establezcan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. O alumno será evaluado mediante unha proba tipo test de contidos teórico-prácticos según o programa da asignatura.
Aqueles alumnos con matrícula parcial, de mutuo acordo cos docentes da asignatura poderán acordar actividades para poder conciliar os estudos co seu desenrolo profesional de forma que non se vexan en desventaxa debido ao seu tipo de matricula.
Aqueles alumnos que concorran a segundas e posteriores matrículas serán avaliados conforme a guía docente e os requerimentos docentes e académicos do curso correspondente, sendo responsabilidade do alumno antes de iniciar o curso reunirse cos profesores responsables da materia para establecer e clarificar aquelas dúbidas que puderan surxir no alumno. Recórdase que cada ano poden facerse modificacións nas asignaturas e os alumnos han de ser conscientes de este feito.
O número de Matrículas de Honra establecerase en base o número de alumnos matriculados. As Matrículas de Honra concederanse as mellores cualificacións finais. En caso de empate farase unha proba obxectiva entre os alumnos candidatos.
A cualificación NON PRESENTADO/A será obtida por aqueles alumnos que non acudan ó examen final nas datas establecidas pola Xunta do Centro.
Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final