Methodologies
|
Guest lecture / keynote speech |
Oral presentation |
Workshop |
Supervised projects |
|
Description |
Durante as sesións maxistrais poderase interromper ao profesor para expor as dúbidas que xurdan. Posteriormente e vía correo electrónico tamén se poden expor dúbidas sobre os temas expostos en clase.
Durante os talleres realizarase atención personalizada para resolver as dúbidas e problemas que lle xurdan ao alumno.
O alumno conta co apoio do profesor para a elección do tema do traballo tutelado. Ademais o profesor axudará o alumno nas dúbidas que lle vaian xurdindo durante a realización do traballo tutelado e a preparación da presentación oral.
Por último, o profesor colaborará co alumno na realización da presentación oral do traballo tutelado realizado. |
|